Consellos para axudarche a manter a protección en liña

Agrupamos algúns consellos rápidos e prácticas recomendadas para crear contrasinais máis seguros, protexer os teus dispositivos, evitar intentos de phishing e navegar por Internet de forma segura.

Reforzar a seguranza da túa conta

  • Realiza a Comprobación de seguranza

    Unha forma fácil de protexer a túa Conta de Google é realizar a Comprobación de seguranza. Creamos esta ferramenta con instrucións paso a paso para ofrecerche recomendacións de seguranza personalizadas que podes aplicar para mellorar a protección da túa Conta de Google.

  • Crea contrasinais seguros

    Crear un contrasinal único e seguro é un dos pasos máis importantes que podes seguir para protexer as túas contas en liña. Para a súa creación podes usar unha serie de palabras que non esquezas e que outras persoas dificilmente poidan adiviñar. Tamén podes utilizar unha frase longa e crear un contrasinal coas primeiras letras de cada palabra. Para que o contrasinal sexa aínda máis seguro, utiliza polo menos oito caracteres, xa que canto máis longo sexa, será máis fiable.

    Se debes crear respostas a preguntas de seguranza, utiliza respostas falsas para que sexan aínda máis difíciles de adiviñar.

  • Utiliza contrasinais únicos para cada conta

    Utilizar o mesmo contrasinal para iniciar sesión en varias contas, como a de Google, os perfís das redes sociais e os sitios web de venda polo miúdo, aumenta o risco de seguranza. É como se utilizases a mesma chave para pechar a casa, o coche e a oficina. Se alguén consigue acceder a un destes lugares, os demais poderían verse comprometidos. Crear un contrasinal exclusivo para cada conta elimina este risco e permite protexer máis as túas contas.

  • Realiza un seguimento de varios contrasinais

    Os xestores de contrasinais, como o que inclúe a túa Conta de Google, permítenche protexer e facer un seguimento dos contrasinais que utilizas nos sitios e nas aplicacións. O xestor de contrasinais de Google utiliza os teus contrasinais gardados para que poidas iniciar sesión de forma segura e fácil.

  • Deféndete contra os piratas informáticos coa verificación en dous pasos

    A verificación en dous pasos axuda a manter afastada calquera persoa que non deba ter acceso á túa conta. Cada vez que alguén tenta iniciar sesión na túa conta, solicita un factor secundario ademais do teu nome de usuario e o teu contrasinal. Con Google, por exemplo, pode tratarse dun código de seis díxitos creado pola aplicación Google Authenticator ou dunha solicitude da aplicación Google para aceptar o inicio de sesión desde un dispositivo de confianza.

    Para conseguir unha maior protección contra o phishing, podes comprar una chave de seguranza física que se insire no porto USB do ordenador ou se conecta ao teu dispositivo móbil a través de Near Field Communication ou Bluetooth. No caso de calquera persoa que se sinta en risco de sufrir ataques específicos, o programa Protección avanzada (dispoñible en castelán) é o sistema de defensa máis completo de Google contra o phishing, xa que require unha chave de seguranza física para utilizar a verificación en dous pasos.

Protexe os teus dispositivos

  • Actualiza o software

    Para protexerte das vulnerabilidades de seguranza, utiliza sempre un software actualizado para o navegador web, o sistema operativo, os complementos e os editores de documentos. Cando recibas as notificacións para actualizar o software, faino o antes posible.

    Revisa o software que utilizas de forma habitual para asegurarte de que usas sempre a última versión dispoñible. Algúns servizos, como o navegador Chrome, actualizaranse automaticamente.

  • Mantén as aplicacións potencialmente prexudiciais afastadas do teu teléfono

    Descarga sempre as aplicacións para móbiles desde unha fonte na que confíes. Para axudar a manter os dispositivos Android protexidos, Google Play Protect leva a cabo unha comprobación de seguranza nas aplicacións de Google Play Store antes de que as descargues. Ademais, comproba periodicamente o teu dispositivo para ver se hai aplicacións potencialmente daniñas procedentes doutras fontes.

    Para protexer os teus datos:

    • Revisa as túas aplicacións e elimina as que non utilices.
    • Accede á configuración da tenda de aplicacións e activa as actualizacións automáticas.
    • Proporciona acceso aos datos confidenciais, como a localización ou as fotos, só ás aplicacións nas que confíes.
  • Utiliza un bloqueo de pantalla

    Se non utilizas o ordenador, portátil, tableta ou teléfono, bloquea a pantalla para evitar que outras persoas accedan ao teu dispositivo. Para conseguir máis seguranza, define o bloqueo automático do dispositivo cando se poña en modo de suspensión.

  • Bloquea o teléfono se o perdes

    En caso de que perdas o teléfono ou cho rouben, para protexer rapidamente os teus datos cuns cantos pasos, accede a A miña conta e selecciona Atopa o teu teléfono. Se tes un dispositivo Android ou iOS, podes localizalo e bloquealo de forma remota para que ninguén poida utilizalo e acceder á túa información persoal.

Evitar os intentos de phishing

  • Valida sempre as ligazóns ou URL sospeitosos

    O phishing consiste en tentar enganarte para que reveles información persoal esencial, como un contrasinal. Pode presentarse baixo varias formas, de modo que é importante saber como detectar sitios web e correos electrónicos sospeitosos. Por exemplo, un pirata informático pode crear unha páxina de inicio de sesión que parece lexítima, pero en realidade é falsa. Así que, unha vez que reveles o teu contrasinal, esta persoa podería acceder á túa conta ou infectar o teu dispositivo.

    Para evitar o phishing:

    • Nunca fagas clic en ligazóns cuestionables.
    • Comproba sempre o URL dúas veces para asegurarte de que introduces os teus datos nunha aplicación ou sitio web lexítimo.
    • Antes de enviar información, asegúrate de que o URL do sitio comece por "https".
  • Ten coidado cos suplantadores de identidade

    Se alguén que coñeces che envía correos electrónicos, pero as mensaxes son algo raras, é posible que a súa conta fose pirateada. Non respondas á mensaxe nin fagas clic en ningunha ligazón, a menos que poidas confirmar que o correo electrónico é lexítimo.

    Busca indicios coma estes:

    • Solicítase diñeiro urxentemente.
    • O remitente afirma estar retido noutro país.
    • O remitente afirma que lle roubaron o teléfono e que non o podes chamar.
  • Ten coidado coas solicitudes de información persoal

    Non respondas correos electrónicos sospeitosos, mensaxes instantáneas nin ventás emerxentes que soliciten información persoal, como a túa data de nacemento, contrasinais ou números de tarxetas ou de contas bancarias. Aínda que a mensaxe proceda dun sitio no que confíes, como o teu banco, nunca fagas clic na ligazón nin envíes unha mensaxe de resposta. É mellor acceder directamente á aplicación ou sitio web para iniciar sesión na túa conta.

    Lembra o seguinte: Os sitios e servizos lexítimos non enviarán mensaxes solicitando que indiques contrasinais ou información financeira por correo electrónico.

  • Coidado coas trampas realizadas por correo electrónico, os premios falsos e os agasallos

    As mensaxes procedentes de descoñecidos sempre son sospeitosas, especialmente se o seu contido é demasiado bo para ser certo. Por exemplo, se te informan de que gañaches algo, che ofrecen premios por completar unha enquisa ou promoven formas rápidas de gañar diñeiro. Nunca fagas clic en ligazóns sospeitosas nin introduzas información persoal en formularios ou enquisas cuestionables.

  • Verifica os ficheiros antes de descargalos

    Algúns ataques de phishing sofisticados pódense producir a través de documentos e anexos de PDF infectados. Se detectas un anexo sospeitoso, utiliza Chrome ou Google Drive para abrilo e reducir o risco de infectar o teu dispositivo. Se detectamos un virus, mostrarémosche unha advertencia.

Navegar por redes e conexións seguras

  • Utiliza redes seguras

    Ten coidado co uso de redes wifi públicas e gratuítas, mesmo coas que requiren contrasinal. Estas redes poden non estar encriptadas, polo que cando te conectas a unha rede pública, calquera persoa situada cerca pode ver a túa actividade de Internet, como os sitios web que visitas e a información que escribes neles. Se a túa única opción é a unha wifi pública ou gratuíta, presta atención ao navegador Chrome, xa que che indicará se os sitios son seguros a través da barra de enderezos. Aínda que utilices a túa rede doméstica, protexe a túa privacidade e navega de forma máis segura encriptando a túa rede wifi e definindo un contrasinal seguro.

  • Busca conexións seguras antes de introducir información confidencial

    Cando navegues pola Web, especialmente se tes intención de introducir información confidencial, como un contrasinal ou o número da tarxeta de crédito, asegúrate de que a conexión dos sitios que visitas é segura. Se un URL é seguro, o navegador Chrome mostrará unha icona gris de cadeado totalmente pechado no campo do URL. O protocolo HTTPS axúdache a navegar de modo seguro e protexe a conexión do navegador ou da aplicación cos sitios web que visitas.

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.