Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.

Os nenos de hoxe en día crecen coa tecnoloxía e non teñen que irse afacendo a ela como as xeracións anteriores. Por iso traballamos directamente con expertos e educadores para axudarche a establecer límites e utilizar a tecnoloxía que máis lle conveña á túa familia.

Supervisión parental

Axudámosche a establecer unhas normas dixitais básicas

Family Link pode axudarche a comprender mellor como fai buscas en liña o teu neno ou nena, teña a idade que teña, así como a xestionar as súas contas e dispositivos compatibles. Podes establecer límites para a túa familia grazas a funcións que permiten xestionar aplicacións, controlar o tempo diante da pantalla, establecer a hora de durmir no dispositivo do teu fillo ou filla e moito máis.

Máis información

Experiencias ideais para familias

Creamos experiencias deseñadas para as familias

Creamos funcións especiais (como filtros intelixentes, bloqueadores de sitios e valoracións de contido) en moitos dos nosos produtos para que a túa familia poida desfrutar deles.

Máis información

Consellos para familias

Axudamos aos nenos a explorar de modo intelixente e seguro o mundo en liña

Creamos recursos e consellos para ensinarlles aos nenos a tomar mellores decisións en liña. Así axudámoslles a ser cidadáns dixitais intelixentes e expertos.

Máis información

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.