Creamos experiencias deseñadas para as familias

Creamos funcións especiais (como filtros intelixentes, bloqueadores de sitios e valoracións de contido) en moitos dos nosos produtos para que a túa familia poida desfrutar deles.

Ofrecemos contido e experiencias para nenos

  • Descubre un mundo de aprendizaxe e diversión con YouTube Kids

    Creamos YouTube Kids para ofrecer un entorno máis seguro no que os nenos de todo o mundo poidan explorar os seus intereses a través de vídeos en liña. Grazas a unha suite de controis parentais, podes seleccionar máis facilmente as experiencias familiares:

    • Define un temporizador para limitar o tempo que poden pasar visualizando vídeos os teus fillos.
    • Permite que os teus fillos só visualicen coleccións de canles seleccionadas por terceiros de confianza ou o equipo de YouTube Kids.
    • Para saber que visualizaron recentemente os teus fillos, utiliza Ver de novo.
    • Desactiva as buscas para que só poidan gozar das canles verificadas polo equipo de YouTube Kids.
    • Bloquea vídeos ou canles para que non aparezan na aplicación dos teus fillos.
    • Se cres que algún vídeo non debería aparecer na aplicación, márcao para que o revisemos.

    Combinamos filtros, comentarios dos usuarios e revisións realizadas por humanos para que os vídeos de YouTube Kids sexan aptos para toda a familia. Non obstante, ningún sistema é perfecto e sempre se poden coar vídeos inapropiados, polo que traballamos constantemente para mellorar a protección e ofrecer aínda máis controis parentais.

  • Creación dun lugar acolledor para todas as familias en Google Play

    Para saber que contido é o adecuado para o teu fillo ou filla, busca a insignia de estrela para familias nas aplicacións e xogos. Esta indica que contido superou un proceso de revisión máis exhaustivo e que está pensado para os nenos. Tamén inclúe unha suxestión do intervalo de idade ao que está dirixido o contido.

    Consulta as clasificacións de contido se queres saber para que idades están pensadas as aplicacións e define filtros baseados nestas clasificacións que che permitan decidir que contido é o adecuado para o teu fillo ou filla. Se queres saber se unha aplicación contén anuncios, compras integradas ou require permisos do dispositivo, podes consultar a sección de información adicional da páxina da tenda da aplicación.

  • Utiliza o Asistente de Google para atopar experiencias e gozar delas con toda a familia

    Co Asistente, toda a túa familia poida entreterse, xa que permite realizar actividades como botar unha partida pola noite ou reproducir música para o xogo da cadeira. O programa do Asistente para familias inclúe máis de 50 xogos, actividades e historias. Este contido revisouno e aprobouno o equipo de Confianza e Seguranza, polo que é apto para toda a familia.

Ofrecémosche ferramentas para xestionar a experiencia en liña da túa familia

  • Bloqueo de sitios explícitos na Busca de Google con filtros de SafeSearch

    SafeSearch deseñouse para evitar que aparezan sitios web, vídeos e imaxes con contido explícito nos resultados da Busca de Google. Deste xeito, exclúense a pornografía e a violencia gráfica. Con todo, esta ferramenta non é perfecta, polo que poderías atopar resultados con contido explícito. Neses casos, podes denuncialo; este tipo de comentarios axúdanos a mellorar a configuración de SafeSearch para todos.

  • Utiliza o modo restrinxido de YouTube para bloquear vídeos dirixidos a persoas de máis idade

    Se queres evitar que o teu fillo ou filla adolescente vexa contido que poida estar exclusivamente dirixido a adultos, activa o modo restrinxido de YouTube. Ao facelo, omitirase este tipo de contido. Á parte do filtrado de vídeos que o noso equipo de revisores restrinxe para certas idades, o noso sistema automático analiza sinais como os metadatos dos vídeos, a linguaxe que se usa neles e os seus títulos. Ao activar o modo restrinxido, tampouco se mostrarán os comentarios dos vídeos que visualices. Desta forma, evitarás conversas non desexadas.

  • Define límites de tempo para os dispositivos e bloquea o contido inapropiado con Google Wifi

    Google Wifi permíteche asegurarte de que os nenos vexan contido apropiado. Para axudarche a evitar que se mostre contido inadecuado nos dispositivos dos teus fillos, Google Wifi permíteche bloquear automaticamente millóns de sitios web con contido explícito, como os que conteñen pornografía ou imaxes violentas. Tamén podes programar pausas da rede wifi para que se activen en momentos importantes, como a hora de facer os deberes, a de saír da casa ou a de durmir. Ao utilizar a función de etiquetas integrada en Google Wifi, tamén podes aplicar diversos filtros e pausas a cada dispositivo da túa rede.

Dámoslles ferramentas aos estudantes e aos educadores para que poidan gozar dunha aprendizaxe en liña máis segura

  • Aumenta a seguranza de G Suite for Education

    G Suite for Education permite que os profesores e os estudantes interactúen de forma segura utilizando os seus dispositivos. Nos servizos principais de G Suite for Education non se mostran anuncios e, no caso dos usuarios de centros educativos de primaria e secundaria, non utilizamos a súa información persoal para segmentar anuncios. Tamén ofrecemos ferramentas para que os administradores poidan establecer políticas relativas ás actividades apropiadas e protexer os estudantes mentres utilizan as súas Contas de Google escolares. Esforzámonos por ofrecer ferramentas e recursos ás escolas para que poidan tomar decisións informadas sobre os servizos de G Suite for Education que utilizan os seus estudantes.

  • Asegúrate de que os dispositivos Chromebook sexan máis seguros para o seu uso na aula

    Millóns de estudantes utilizan os dispositivos Chromebook (é dicir, os portátiles de Google) na aula. Permitimos que os administradores xestionen a configuración dos grupos para que os estudantes dispoñan do número de funcións e dos permisos de acceso que decida o centro educativo. As nosas funcións de privacidade e seguranza permiten protexer os datos persoais dos nenos e contribuíron a que os dispositivos Chromebook fosen a principal escolla durante os últimos catro anos nos centros de primaria e secundaria dos EUA, así como en moitas escolas doutros países.

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.