Ti tes o control

No tocante á privacidade, sabemos que non hai unha solución única; de modo que creamos ferramentas de privacidade potentes e fáciles de usar na túa Conta de Google. Proporciónanche o control sobre a configuración de privacidade que é máis adecuada para ti, e sobre os tipos de datos que recompilamos e utilizamos nos nosos servizos.

Controla como se utilizan os datos en Google

  • Asume o control dos datos gardados na túa Conta de Google

    Podes buscar a túa información, a privacidade e a configuración de seguranza nun só lugar: a túa Conta de Google. Creamos ferramentas fáciles de usar, como o Panel de control e A miña actividade, que che proporcionan transparencia sobre os datos recompilados a partir da túa actividade nos servizos de Google. Tamén están dispoñibles controis de privacidade potentes, como Controis de actividade e Configuración de anuncios, que che permiten activar ou desactivar a recompilación e o uso de datos para adaptar mellor os servizos de Google aos teus intereses.

  • Selecciona a configuración de privacidade axeitada para ti coa opción Comprobación de privacidade

    En cuestión de minutos, podes xestionar os tipos de datos que queres que recompilemos, escoller o contido que compartes cos teus amigos e axustar os tipos de anuncios que queres que che mostremos. Podes cambiar estas opcións tantas veces como queiras e mesmo escoller que se che envíen recordatorios habitualmente para lembrarche a túa configuración actual.

  • Os controis de activación/desactivación permítenche seleccionar os datos que se gardan na túa conta

    Os datos que almacenamos coa túa conta poden facer que os servizos de Google che resulten máis útiles, xa que nos permiten ofrecerche desde mellores opcións para os percorridos diarios en Maps ata resultados da Busca máis rápidos. Con Controis de actividade, podes decidir que tipos de actividade se asocian á túa conta e pór en pausa a recompilación de tipos específicos de datos, como a busca, a actividade de navegación, o historial de localizacións e a información do teu teléfono, portátil ou tableta.

  • Consulta e controla os datos gardados na túa conta en A miña actividade

    En A miña actividade podes encontrar todo o que buscaches e visualizaches nos nosos servizos. Para que che resulte máis fácil revisar a túa actividade en liña anterior, proporcionámosche ferramentas para buscar por tema, data e produto. Podes eliminar de forma permanente actividades concretas ou temas enteiros que non queiras que se asocien á túa conta.

  • Consulta e xestiona os datos da túa Conta de Google en Panel de control

    Podes ver facilmente unha descrición dos produtos de Google que utilizas e dos datos de cada un deles, todo nun só lugar. Podes revisar a túa actividade de Google do mes anterior; observar cantos correos electrónicos, documentos e fotos tes; e obter respostas a preguntas sobre a configuración de Gmail. Tamén terás acceso rápido á configuración de produtos relevantes e a artigos do centro de axuda relacionados, en caso de que os necesites.

  • Leva o teu contido onde queiras con Descargar os teus datos

    As túas fotos, os teus correos electrónicos, os teus contactos e incluso os teus marcadores: Ti tes o control dos datos gardados na túa Conta de Google. Este é o motivo polo que creamos Descargar os teus datos, para que poidas realizar unha copia, efectuar unha copia de seguranza ou incluso enviar os datos a outro servizo.

    Podes descargar os datos en varios formatos desde os servizos de Google, entre os que se inclúen: Google Fotos, Drive, Calendar, Google Play Música e Gmail. Tamén podes exportar os datos directamente aos servizos, entre os que se inclúen: Dropbox, Microsoft OneDrive e Box.

  • Decide que información persoal básica queres compartir para que outros usuarios poidan contactar contigo de forma máis fácil

    Podes xestionar información persoal, como o teu nome, correo electrónico e número de teléfono para axudar aos demais a atoparte e contactar contigo nos servizos de Google, como Hangouts, Gmail e Fotos.

  • Controla a información que utiliza Google para mostrarche anuncios personalizados

    En Configuración de anuncios, podes controlar os datos que utilizamos para personalizar os teus anuncios. Entre outros: a información que engadiches á túa Conta de Google, o que descubrimos sobre os teus intereses grazas á túa actividade e as interaccións cos demais anunciantes que colaboran connosco para mostrar anuncios.

    A túa actividade inflúe no que che mostramos, pero ti sempre tes o control. Por exemplo, podemos pensar que es afeccionado ao fútbol porque viches os resultados dun partido recente en YouTube ou buscaches "campos de fútbol preto de min" na Busca de Google. E se visitaches o sitio web dun anunciante que colabora connosco, podemos suxerir anuncios baseado nesa visita.

    Cando está activada a personalización de anuncios, podes seleccionar calquera información (idade e sexo, un interese deducido ou unha interacción previa cun anunciante), saber máis sobre como se utiliza, desactivala ou desactivar completamente os anuncios personalizados. Seguirás vendo os anuncios, pero probablemente sexan menos relevantes.

  • Navega de forma privada por Internet co modo de incógnito

    O teu historial en liña pode facer que os resultados de busca sexan máis útiles, pero é posible que ás veces prefiras navegar pola Web en privado. Por exemplo, se compartes un ordenador coa túa parella, seguramente non queiras que o historial de navegación estrague a sorpresa do agasallo de aniversario que buscas. Nestes casos, abre unha ventá do modo de incógnito no teu ordenador ou dispositivo móbil para evitar que Chrome garde o teu historial de navegación.

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.