Os nosos principios de privacidade e seguranza

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo. É unha responsabilidade que vai da man da creación de produtos e servizos que son gratuítos e accesibles para todos. Isto é especialmente importante porque a tecnoloxía progresa e a privacidade necesita evolucionar. Estes principios serven de guía para os nosos traballadores, os nosos procesos e os nosos produtos coa finalidade de manter os datos dos usuarios privados, seguros e protexidos.

  1. 1. Respectar os nosos usuarios. Respectar a súa privacidade.

    Cremos que estas ideas son inseparables. Xuntas, representan unha crenza única e fundamental que influíu en todo o que fixemos desde o primeiro día, e influirá en todo o que fagamos de agora en adiante. Cando os usuarios utilizan os nosos produtos, confíannos a súa información e correspóndenos facer o correcto. Por iso debemos ser conscientes dos datos que utilizamos, de como os utilizamos e de como os protexemos.

  2. 2. Ser transparentes cos datos que recompilamos e cos motivos que nos levan a facelo.

    Para axudar aos usuarios a tomar decisións con fundamento sobre como usar os produtos de Google, tentamos que sexa fácil comprender os datos que recompilamos, como os utilizamos e por que motivo o facemos. Ser transparentes significa facer que a información sexa comprensible, práctica e facilmente accesible.

  3. 3. Non vender nunca a información persoal dos usuarios a ninguén.

    Utilizamos os datos para facer que os produtos de Google, como a Busca e Maps, sexan canto máis útiles mellor. Tamén utilizamos os datos para mostrar anuncios máis relevantes. Aínda que estes anuncios axudan a financiar os nosos servizos e a facer que sexan gratis para todos, é importante aclarar que a información persoal dos nosos usuarios non está á venda baixo ningún concepto.

  4. 4. Facer que as persoas poidan controlar a súa privacidade facilmente.

    No tocante á privacidade, sabemos que non hai unha solución única. Cada Conta de Google inclúe controis de activación e desactivación de datos, para que os nosos usuarios poidan seleccionar a configuración de privacidade que máis lles conveña. E como a tecnoloxía evoluciona, os nosos controis de privacidade tamén o fan. Así, garantimos que a privacidade sempre é unha opción individual que lle pertence ao usuario.

  5. 5. Fomentar que os usuarios revisen, cambien ou eliminen os seus datos.

    Cremos que cada usuario debe ter acceso á información persoal que compartiu connosco: en calquera momento e por calquera motivo. Esta é a razón pola que lles facilitamos o acceso aos seus datos, así como a súa revisión, descarga ou transferencia a outro servizo, ou ben a súa eliminación total.

  6. 6. Crear as tecnoloxías de seguranza máis potentes nos nosos produtos.

    Respectar a privacidade dos nosos usuarios significa protexer os datos que nos confían. Para manter cada servizo e produto de Google seguro para os nosos usuarios, deseñamos e empregamos unha das infraestruturas de seguranza máis avanzadas do mundo. É dicir, reforzamos constantemente as nosas tecnoloxías de seguranza integrada para que detecten ameazas en liña en continua evolución e proporcionen protección contra elas antes de que afecten aos nosos usuarios.

  7. 7. Servir de exemplo na promoción da seguranza en liña para todos.

    Manter os usuarios protexidos en liña non se limita a Google, senón que se amplía a todo Internet. Google foi a primeira empresa en crear moitos dos estándares de seguranza que utilizamos hoxe en día, e seguimos innovando con novas tecnoloxías de seguranza que pode utilizar todo o mundo. Compartimos os nosos coñecementos, experiencias e ferramentas en materia de seguranza cos socios, coas organizacións e coas empresas da competencia de todo o mundo porque a seguranza de Internet require a colaboración de todo o sector.

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.