Crear tecnoloxía para todos significa protexer a todos aqueles que a utilizan.

Google foi fundado coa crenza de que todas as nosas accións deben ter en conta ao usuario. Por iso, segundo vai evolucionando a Internet, as nosas tecnoloxías de seguranza e as ferramentas de privacidade van mellorando para axudarnos a protexerte a ti e á túa familia mentres navegades.

Observa o que facemos para garantir a túa protección

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

Todo o que facemos está protexido con tecnoloxías de seguranza integrada que axudan a detectar ameazas como o spam, os software maliciosos e os virus, e a evitar que che afecten. Compartimos estas tecnoloxías de seguranza cos socios e coa competencia, creando así estándares do sector que axudan a manter a todo o mundo protexido en liña.

Máis información

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Os datos fan que os servizos de Google sexan máis útiles e máis relevantes, pero decidir como os utilizamos é unha elección persoal que lle corresponde a cada usuario. Informámoste sobre os datos que recompilamos, sobre como se utilizan e por que. Ademais, creamos potentes controis de datos na túa Conta de Google para que poidas decidir a configuración de privacidade que máis che conveña.

Máis información

Para as familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.

Os nenos de hoxe en día crecen coa tecnoloxía e non teñen que irse afacendo a ela como as xeracións anteriores. Por iso traballamos directamente con expertos e educadores para axudarche a establecer límites e utilizar a tecnoloxía que máis lle conveña a túa familia.

Máis información