Axudámosche a comprender facilmente que datos recompilamos e por que motivos o facemos

Cando usas servizos de Google, confíasnos os teus datos. É a nosa responsabilidade ser transparentes cos datos que recompilamos e co uso que facemos deles para que os servizos funcionen mellor para ti.

Somos transparentes cos datos que utilizamos

  • Información que recompilamos cando utilizas os nosos servizos

    Cando utilizas os nosos servizos (por exemplo, cando fas unha busca en Google, obtés indicacións en Google Maps ou ves un vídeo en YouTube) recompilamos datos que nos axudan a mellorar os nosos servizos para ti. Esta información pode incluír:

    • As cousas que buscas
    • Os vídeos que ves
    • Os anuncios que ves ou nos que fas clic
    • A túa localización
    • Os sitios web que visitas
    • As aplicacións, os navegadores e os dispositivos que utilizas para acceder aos servizos de Google
  • Información que creas ou nos indicas

    Ao rexistrarte para obter unha Conta de Google, indícasnos información persoal. Cando tes a sesión iniciada, recompilamos e protexemos a información xerada ao utilizar os nosos servizos. Estes datos poden incluír:

    • O teu nome, data de nacemento e sexo
    • O teu contrasinal e número de teléfono
    • Os correos electrónicos que escribes e recibes en Gmail
    • As fotos e os vídeos que gardas
    • Os documentos, as follas de cálculo e as presentacións que creas en Drive
    • Os comentarios que fas en YouTube
    • Os contactos que engades
    • Os eventos do calendario

Utilizamos os datos para facer que os servizos de Google sexan máis útiles para ti

  • Como che mostra Google Maps lugares máis rápido

    Cando utilizas a aplicación Google Maps, o teu teléfono envíalle paquetes de datos anónimos sobre a túa localización a Google. Estes datos e os das persoas que te rodean utilízanse para detectar padróns de tráfico. Por exemplo, Maps pode detectar que hai moitos vehículos avanzando lentamente na mesma rúa e avisarte de que hai retencións. Cando Maps te avisa dun accidente e te leva por unha ruta máis rápida, faino grazas aos datos dos demais condutores.

  • Como completa automaticamente Google as túas buscas

    Sabes cando buscas algo e o escribes incorrectamente e, dalgunha maneira, Google sabe o que querías dicir de todos modos? O noso modelo de corrección ortográfica utiliza os datos das persoas que cometeron o mesmo erro e corríxeo para ti. Por iso sabemos que se escribes "Barsalona", probablemente querías escribir "Barcelona".

    O teu historial de busca tamén axuda a Google a completar automaticamente as túas buscas. Se buscaches "voos a Barcelona" previamente, é posible que suxiramos este contido na caixa de busca antes de que acabes de escribilo. Ou ben, se es fan dun equipo de fútbol e buscas con frecuencia “goles do Barcelona”, é posible que cho suxiramos directamente.

  • Como encontra YouTube os vídeos que queres ver

    YouTube recomenda vídeos que che poden gustar baseándose no que visualizaches anteriormente o no que outras persoas con historiais de visualizacións similares viron anteriormente. Recibimos información sobre o que é máis popular e o que marca tendencia en función do que máis ven os usuarios. Isto axúdanos a suxerir vídeos de entre unha ampla variedade de xéneros, como cancións do momento, titoriais e noticias, para que escollas entre eles.

  • Como autocompleta Chrome formularios por ti

    Cada vez que compras algo ou te rexistras para crear unha conta en liña, invistes tempo para completar formularios coa túa información persoal. Cando utilizas Chrome, podemos gardar datos como o teu nome, enderezo, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e información de pago para completar automaticamente estes formularios. Sempre podes editar campos específicos do autocompletado ou desactivar esta opción.

  • Como che axuda a Busca de Google a encontrar a túa propia información

    A Busca de Google pode obter información útil de Gmail, Google Fotos, Calendar e moito máis para mostrarcha nos teus resultados da busca privados e evitar que teñas que buscala ti. Só tes que buscar algo como "a miña cita do dentista", "móstrame as miñas fotos da praia" ou "onde está a miña reserva de hotel?". Sempre e cando iniciases sesión, recuperaremos esta información procedente doutros servizos de Google e mostrarémoscha.

  • Como pode axudarche o Asistente de Google a facer as cousas

    Esteas onde esteas, mesmo na casa, o Asistente sempre está preparado para axudarche. Cando lle fagas unha pregunta ao Asistente ou lle digas o que ten que facer, este utilizará os datos doutros servizos de Google para proporcionarche o que necesites. Por exemplo, se preguntas "Que cafetarías hai cerca?” ou "Vai chover mañá?", o Asistente utilizará a información de Maps e da Busca de Google, así como a túa localización e os teus intereses e preferencias para ofrecerche a resposta máis pertinente. Se queres ver ou eliminar os datos que se recompilan das interaccións co Asistente, accede á ferramenta A miña actividade.

Creamos produtos tendo en conta a túa privacidade

  • A fase de revisión da privacidade é clave para o desenvolvemento dos nosos produtos

    Cada vez que lanzamos un produto novo, confiamos no noso equipo de privacidade interno e no noso exhaustivo proceso de revisión. A privacidade é un aspecto fundamental en todos os niveis do proceso de desenvolvemento dos nosos produtos, como a enxeñaría ou a xestión dos produtos. Desta forma, asegurámonos de que os usuarios poidan confiar nos produtos de Google dos que gozan a diario.

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.