Axudámosche a establecer unhas normas dixitais básicas

Family Link pode axudarche a comprender mellor como fai buscas en liña o teu neno ou nena, teña a idade que teña, así como a xestionar as súas contas e dispositivos compatibles. Podes establecer límites para a túa familia grazas a funcións que permiten xestionar aplicacións, controlar o tempo diante da pantalla, establecer a hora de durmir no dispositivo do teu fillo ou filla e moito máis.

Establece límites en Internet para a túa familia usando Family Link

  • Controla o tempo diante da pantalla

    Es ti quen marca o tempo que lle convén pasar diante da pantalla ao teu fillo ou filla. Pode depender de se utiliza o dispositivo para ler libros, visualizar vídeos ou xogar. Cos informes de actividade das aplicacións de Family Link, podes ver cales son as aplicacións que máis utiliza.

  • Limita o acceso diario

    Define un límite diario: Family Link permíteche definir límites diarios no dispositivo Android do teu fillo ou filla para determinar o tempo que pode pasar diante da pantalla. Tamén podes configurar a hora de durmir para bloquear o dispositivo cando sexa o momento de deitarse.

  • Bloquea de forma remota o dispositivo do teu fillo ou filla

    Xestiona os seus dispositivos ou oculta aplicacións concretas cando sexa hora de xogar, estudar ou durmir.

Xestiona o acceso ao contido que poden ver os teus fillos en liña

  • Utiliza a configuración da conta do teu fillo ou filla no Asistente de Google

    Os nenos poden iniciar sesión nos dispositivos que conten co Asistente utilizando unha conta xestionada mediante Family Link. Deste xeito, gozarán da súa propia experiencia co Asistente e poderán acceder a actividades de xogos e a historias creadas para toda a familia. Con todo, non poden realizar transaccións e os pais poden decidir se os fillos teñen acceso a experiencias ofrecidas por terceiros a través do Asistente.

  • Xestiona o acceso do teu fillo ou filla aos sitios web utilizando Chrome

    Podes xestionar o acceso do teu fillo ou filla aos sitios web que visitan utilizando o navegador Chrome no seu dispositivo Android ou Chrome OS. Podes permitirlle visitar só os que consideres apropiados ou bloquear sitios concretos que non queres que visiten.

  • Bloqueo de sitios explícitos na Busca de Google con filtros de SafeSearch

    Dado que forma parte de Family Link, podes utilizar a configuración de SafeSearch nos teus teléfonos, tabletas e ordenadores portátiles. Deseñouse para evitar que aparezan sitios web, vídeos e imaxes con contido explícito nos resultados da Busca de Google. Deste xeito, exclúense a pornografía e a violencia gráfica, aínda que este sistema non ten un 100 % de precisión. SafeSearch actívase de forma predeterminada para todos os usuarios menores de 13 anos (ou da idade aplicable do teu país) que inicien sesión e que teñan contas xestionadas por Family Link. Non obstante, os pais poden desactivar SafeSearch.

Atopa aplicacións deseñadas para as familias

  • Utiliza Family Link para xestionar as aplicacións que pode usar o teu fillo ou filla

    Non todas as aplicacións son aptas para nenos. Con Family Link, podes filtrar as aplicacións de Google Play Store para que o teu fillo ou filla só poida explorar as que teñan unha valoración que consideres axeitada. Tamén podes recibir unha notificación no teu dispositivo que che permitirá aprobar ou bloquear as aplicacións que o teu fillo o filla queira descargar de Google Play Store.

    Para saber que contido podería ser axeitado para o teu fillo ou filla, busca en Google Play a insignia de estrela para familias. Esta insignia indica que o contido superou revisións máis exhaustivas e que está pensado para toda a familia. Tamén podes consultar a clasificación de contido, os permisos e se contén anuncios ou compras integradas na aplicación.

    Tamén queremos axudarlles aos pais a xestionar a calidade do tempo diante da pantalla, non só a cantidade deste. Por iso, Family Link contén funcións que permiten descubrir contido de proveito, entre as que se inclúen recomendacións de profesores. Grazas a elas, o teu fillo ou filla poderá gozar do contido de calidade que consideres axeitado.

Usa a configuración da conta para escoller o contido adecuado para o teu fillo

  • Xestiona e protexe a conta do teu fillo ou filla

    Con Family Link, os Controis de actividade do teu fillo ou filla, que son coma os teus, permítenche decidir que actividade se garda e quen xestiona a súa Conta de Google cando utiliza os nosos servizos.

    Como pai ou nai, podes cambiar ou restablecer o contrasinal do teu fillo ou filla se o esquece. Tamén podes editar a súa información persoal ou eliminar a súa conta se o consideras necesario. Sen o teu permiso, non pode engadir outro perfil á súa conta ou dispositivo. Ademais, podes consultar a localización do seu dispositivo Android (sempre e cando estea acendido, conectado a Internet e haxa actividade recente).

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.