Protexémoste en liña con opcións de seguranza líderes no sector.

Todo o que facemos está protexido con potentes tecnoloxías de seguranza integrada que axudan a detectar ameazas como o spam, os softwares maliciosos e os virus, e a evitar que che afecten. Compartimos estas tecnoloxías de seguranza cos socios e coa competencia, creando así estándares do sector que axudan a manter a todo o mundo protexido en liña.

Protección integrada

A protección está presente en todo o que facemos

Os servizos de Google están protexidos continuamente por unha das infraestruturas de seguranza máis avanzadas do mundo. Esta seguranza integrada detecta e evita ameazas en liña, de modo que podes confiar en que a túa información persoal estará protexida.

Máis información

Liderado en seguranza

Colaboramos para reforzar a seguranza en Internet

Google leva moitos anos compartindo publicamente os seus coñecementos, a súa experiencia e as súas tecnoloxías de seguranza con socios, competidores e organizacións de todo o mundo. E a medida que as ameazas de seguranza evolucionan, esta continua colaboración de todo o sector é fundamental para protexer os usuarios e axudar a crear unha Internet máis segura entre todos.

Máis información

Consellos sobre seguranza

Consellos para axudarche a manter a protección en liña

Agrupamos algúns consellos rápidos e prácticas recomendadas para crear contrasinais máis seguros, protexer os teus dispositivos, evitar intentos de phishing e navegar por Internet de forma segura.

Máis información

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.