Axudamos aos nenos a explorar de modo intelixente e seguro o mundo en liña

Creamos recursos e consellos para ensinarlles aos nenos a tomar mellores decisións en liña. Así axudámoslles a ser cidadáns dixitais intelixentes e expertos.

Cando esteas en liña, toma decisións fundamentadas grazas a estes consellos e recursos

  • Axuda a que os nenos se convirtan en cidadáns dixitais intelixentes con Sé xenial en Internet

    Para que os nenos poidan aproveitar Internet ao máximo, deben estar preparados para tomar decisións informadas. Este programa ensínalles os conceptos básicos de cidadanía dixital e de seguranza para que poidan explorar o mundo en liña con confianza. Poden chegar a ser xeniais en Internet con Interland, unha aventura en liña que lles permite aprender os aspectos clave da seguranza dixital practicando con catro xogos desafiantes.

    Polo momento, lanzamos este programa nos EUA e en América Latina, pero pensamos ofrecelo en máis mercados no futuro. Tamén o ofrecemos nas escolas dos EUA como parte dunha Xira de seguranza online que permite que os adolescentes descubran como actuar de forma intelixente e segura en liña.

Comparte con coidado

As boas noticias, e tamén as malas, esténdense rápido en liña. Sen darse conta, os nenos e os adolescentes pódense ver involucrados en situacións delicadas que teñen consecuencias duradeiras. Por iso, creamos consellos para que aprendan a compartir contido adecuadamente e coas persoas axeitadas.

  • Explícalles que teñen unha impresión dixital

    Xunto cos teus fillos, busca en liña o teu nome ou o dun músico que lles guste e comentade a información atopada. Recomendámosche que comprobes ti primeiro os resultados. Indícalles que información poden conseguir outros usuarios ao consultar eses resultados e explícalles que todos temos unha impresión dixital en liña.

  • Axuda a minimizar as comparacións sociais

    Asegúrate de que o teu fillo ou filla saiba que o contido que comparten en liña os seus amigos só é unha parte das súas vidas e normalmente só representa os momentos máis destacados. Recórdalle que todos pasamos por momentos aburridos, tristes ou embarazosos que non compartimos.

  • Crea normas familiares para regular que compartido compartir

    Establece coa túa familia pautas claras que indiquen o contido que non se debe compartir en liña, como fotos ou información privada. Para poñer en práctica o acordado, escollede varias fotos para utilizalas como exemplo e comentade cal sería o comportamento máis adecuado á hora de valorar a posibilidade de compartilas. Por exemplo, dille ao teu fillo ou filla que tamén debe pensar nos demais antes de compartir fotos. Recórdalle que debe pedir permiso se non ten claro que facer.

  • Explícalles os problemas que pode causar compartir demasiado contido

    Falade das posibles solucións para evitar compartir demasiado contido, como quitar o que xa se compartira e axustar a configuración de privacidade. Se ocorre, contribúe a miralo con perspectiva. Algúns momentos embarazosos son graves, pero outros non son máis que boas oportunidades para aprender.

Non te deixes enganar

É importante axudar aos teus fillos a ser conscientes de que as persoas e as situacións en Internet non son sempre o que parecen. Creamos unha guía útil para que poidas axudarlles a distinguir o que é real do que non o é.

  • Explícalle a suplantación de identidade

    Explícalle por que alguén podería querer os seus contrasinais e os seus datos privados. Con esta información, poderían utilizar a súa conta e facerse pasar por eles.

  • Ensínalle a detectar intentos de phishing

    Os teus fillos poden non darse conta de que outros usuarios poderían tentar enganalos para conseguir a súa información persoal. Indícalles que deben falar contigo se reciben unha mensaxe, unha ligazón ou un correo electrónico dun descoñecido que lle pida a información da súa conta ou inclúa un anexo sospeitoso.

  • Ensínalle a identificar as trampas

    Explícalles aos teus fillos que algunhas trampas simulan proceder dun amigo e conseguen enganar ata os adultos. Pídelles que falen contigo se reciben unha mensaxe sospeitosa. Solucionar as súas preocupacións axuda enormemente a xerar confianza.

  • Xuntos, buscade signos de seguranza

    Xuntos, visitade un sitio web e buscade signos de seguranza. Se o URL ten un cadeado ao lado ou comeza por "https", significa que é seguro? O URL coincide co nome do sitio? Explícalle que signos debería buscar ao entrar nun sitio.

Protexe os teus segredos

A seguranza e a privacidade persoal son igual de importantes dentro e fóra de Internet. Por iso, é esencial que os teus fillos saiban como deben protexer a súa información para evitar consecuencias negativas no funcionamento dos seus dispositivos, na súa reputación e nas súas relacións.

  • Crea contrasinais difíciles de adiviñar

    Ensínalle a converter unha frase fácil de lembrar nun contrasinal seguro. Escolle un conxunto de oito letras como mínimo que inclúa maiúsculas e minúsculas. Despois, substitúe algunhas delas por símbolos e números. Por exemplo, "a miña irmá pequena chámase Ana" podería converterse en "aM1pC@". Explícalle que contrasinais como o propio enderezo, a data de nacemento, "123456" e "contrasinal" son pouco seguros, xa que outras persoas poden adiviñalos facilmente.

  • Mantén en privado a súa información

    Indícalle que información debería manter en privado, como o enderezo da casa, os contrasinais ou o centro educativo ao que vai. Dille tamén que fale contigo se alguén lle pide este tipo de información.

  • Ensínalle a utilizar correctamente os contrasinais

    Ensínalle a pensalo ben antes de introducir os contrasinais en calquera lugar e a asegurarse de abrir a aplicación ou o sitio correctos. Dille tamén que fale contigo antes de introducilo se ten dúbidas. Proponlle que utilice un contrasinal distinto en cada sitio e aplicación. Por exemplo, pode ter un contrasinal principal e engadirlle algunhas letras en cada aplicación.

  • Axúdalle a evitar bromas

    Recórdalle que pode manter en privado os seus contrasinais para evitar que outras persoas accedan ás súas contas e envíen mensaxes falsas ou embarazosas.

Non custa nada ser agradables

Internet é unha potente ferramenta de amplificación que se pode utilizar para estender a positividade ou a negatividade. Axuda aos teus fillos a seguir o camiño máis ético aplicando o concepto de "trata aos demais como queres que te traten a ti" nas súas accións en liña, creando un impacto positivo sobre os demais e reprobando comportamentos intimidatorios.

  • Dialoga sobre a intimidación en liña

    Fálalle do acoso en Internet ou das ferramentas en liña que utilizan algunhas persoas para facerlles dano a outros usuarios. Indícalle a quen debe dirixirse se ve estes comportamentos ou se os utilizan na súa contra. Pregúntalle se lle pasou ou se ten algún amigo ao que lle ocorrese. Poderías facerlle algunha destas preguntas: "como foi?", "como te sentiches?", "pensaches que podías axudar a que parasen se lle contases a alguén que atopaches un comentario malicioso?".

  • Determina os valores da túa familia en liña

    Indícalle claramente como queres que se comporte en liña. Tratar os demais como quere que o traten e dicir en liña só o mesmo que diría á cara son boas formas de comezar.

  • Fálalle do significado que pode haber tras as palabras doutras persoas e promove o positivismo

    Fálalle do ton e recórdalle que é fácil interpretar mal o que se di en liña. Dille que presupoña as boas intencións e que fale directamente cos seus amigos se non ten claro o que querían dicir. Explícalle o ben que se sente un cando envía e recibe mensaxes positivos en liña. Considera a posibilidade de utilizardes xuntos unha das túas aplicacións para enviar unha mensaxe ou un comentario positivo.

Se tes dúbidas, non as gardes para ti

Unha lección que se aplica en todo os contextos dixitais: cando os teus fillos se atopan con contido cuestionable, deberían sentirse cómodos para falalo cun adulto de confianza. Podes propiciar este comportamento se mantés unha comunicación aberta na casa.

  • Falade do que fan en liña

    Dedica tempo a comentar como usa a tecnoloxía a túa familia. Dilles aos teus fillos que tes interese polas aplicacións que máis utilizan e pídelles que chas mostren. Descubre como as utilizan e que lles gusta delas.

  • Os límites establecidos poden cambiar co paso do tempo

    Define regras para as contas dos teus fillos, como filtros de contido e límites de tempo, e infórmaos de como poden cambiar a medida que se fagan maiores. A configuración debería evolucionar co paso do tempo. Non te conformes con configurala e deixala así para sempre.

  • Axúdalle a identificar persoas das que botar man

    Identifica tres persoas de confianza ás que pode acudir se atopa contido en liña que lle cause incomodidade. Permitiranlle procesar o que vise e evitar máis contido dese tipo no futuro.

  • Axúdalle a mellorar a calidade do tempo que pasa en liña

    Intenta que interactúe con xogos e aplicacións que fomenten a creatividade ou a capacidade de resolver problemas.

Máis información sobre os esforzos que realizamos a prol da seguranza

A túa seguranza

Protexémoste en liña con seguranza líder do sector.

A túa privacidade

Creamos un concepto de privacidade que funciona con todo o mundo.

Para familias

Axudámosche a xestionar o que máis lle convén á túa familia en liña.